Oh Trío recupera o Cancionero Gallego de Torner e Bal y Gay

O grupo comeza unha xira por Cospeito, Ribadeo, Allariz e a Coruña nos vindeiros días

29/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Reinterpretar unha selección de pezas recollidas por Torner e Bal y Gay. Esta é a proposta que fai Oh Trío con Cancionero Gallego, o seu segundo álbum. O proxecto reinterpreta nove temas escolleitos desta obra con instrumentos como a guitarra acústica, a zanfona, a caixa de ritmos ou a batería. Influencias do jazz e atmósferas envolventes transforman os sons tradicionais neste proxecto formado por Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín.

O grupo inicia hoxe, 28 de xaneiro, en Cospeito (Casa Paca, en Xermar) a xira de presentación do album, continuando cunha apretada axenda que os leva o día 30 ao Teatro de Ribadeo, o 31 á Fundación Vicente Risco de Allariz e o 1 de febreiro á coruñesa Sala Garufa. Ademais, realizarán unha sesión matinal o sábado 31 no Museo Provincial de Lugo e o día 1 de febreiro no Obradoiro de Campás Ocampo en Caldas de Reis. Para o día 2 teñen prevista unha actuación no Pazo de Liñares, en Lalín. O día 3 será o Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela o que acolla a presentación deste traballo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito