Ø4. el conjunto vacío é o novo traballo de Igloo

A sala Mardigrass da Coruña acollerá a presentacion do disco o vindeiro 14 de xuño

5/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ø4. el conjunto vacío

Bases rítmicas máis potentes e un son que, segundo a discográfica, recupera o estilo de La transición de fase marcan Ø4. el conjunto vacío, o último traballo de Igloo. O cuarto disco da banda achega once temas de indie-pop no que as letras de Beni Ferreiro manteñen a identidade do grupo, que estrea formación para este lanzamento. O traballo gravouse en El laboratorio criogénico, Caldas de Reis, e mesturouse en Planta Sonica2, en Vigo. Ø4. el conjunto vacío preséntase como un traballo dividido en dous disco dos cales este sería o primeiro e haberá que agardar ata o 2014 para o segundo. A sala Mardigrass da Coruña abre a xira de presentación deste traballo o vindeiro 14 de xuño, que seguirá pola sala Karma de Pontevedra o 21 e pola viguesa La fábrica de chocolate o 22.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

25/03/2014

Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igloo, Reis, Identidade, Pop...

Claves

Entidades
Conceptos