Grampoder despídese con Tigerland

O dúo anuncia «un tempo indeterminado de reflexión»

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Grampoder despídese con Tigerland

«Temos pensado pasar un tempo indeterminado de reflexión e renovación de fondo de armario». Así anunciaba o dúo Grampoder, formado por LeRoi e Martin Wu, antigos membros de The Homens, a súa despedida. Tres concertos a finais do pasado mes de marzo foron polo momento os últimos do proxecto, que deixa como agasallo final para os seus fans o «mini EP» Tigerland. Dous temas que o grupo gravara a mediados do pasado ano nos estudios A Ponte de Compostela.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves