Lucía Pérez volta con Quitapenas

O novo álbum distribúese en exclusiva con La Voz de Galicia ata o 22 de xullo

14/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Quitapenas é o sexto disco da cantante do Incio Lucía Pérez, e o primeiro que lanza logo da súa participación en Eurovisión en 2011. Gravado nos estudios Montepríncipe de Madrid, o proxecto supón un punto de inflexión na carreira da artista, coa aposta por temas pop e con toques latinos. Aínda que cantado en castelán, mesmo cunha versión do Moonlight Shadow de Mike Olfield, o álbum inclúe tamén o tema Sete chorares en galego. A edición en CD do álbum está dispoñible en exclusiva con La Voz de Galicia ata o vindeiro 21 de xullo, e distribuirase posteriormente polas tendas. A versión dixital está xa á venda nas principais plataformas internacionais.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Pop, Madrid

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares