Arantxa Pérez debuta con Hay tanto camino por andar

A catoirense aposta polo pop para o seu primeiro disco

26/9/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Hay tanto camino por andar é o título do primeiro traballo en solitario da catoirense Arantxa Pérez. Logo dunha maqueta co mesmo título e de diferentes vídeos e temas publicados na rede, a cantante autoedita un álbum de dez temas no que contou coa produción de Jordi Cristau. O pop con letras románticas predomina no proxecto, cantado integramente en castelán. Madrid acollerá as primeiras presentacións do proxecto, con concertos nas salas Fulanita de Tal o 26 de novembro e en Clamores o 10 de decembro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Madrid

Claves

Conceptos
Lugares