O madrileño Museo Reina SofÃa de arte contemporánea abrÃa este 9 de outubro Esperpento. Arte popular y revolución estética. A exposición, dedicada ao que define como "un núcleo de pensamento estético susceptible de ofrecer unha nova perspectiva para entender la realidade", conta cun importante sabor galego. A seguir o traballo de Valle-Inclán, creador desta perspectiva, o proxecto recolle obras de Castelao, Laxeiro Arturo Baltar ou Maruja Mallo.
Canda a estes, destacan no conxunto dez traballos do pintor Conde Corbal realizados a partir da obra de Valle-Inclán. Ademais dos proxectos artÃsticos, tamén se amosan pezas de entroidos tradicionais do noso paÃs ou varias das marionetas orixinais que a familia Silvent empregaba no espectáculo Barriga Verde.
Segundo apunta a presentación do proxecto, o esperpento "formulado polo escritor Ramón MarÃa del Valle-Inclán (1866-1936) como ferramenta de cuestionamento crÃtico, en reacción ao atraso e á desesperanza moral que asolaba España no primeiro terzo do século XX" esta perspectiva "confrontou o encorsetamento social, polÃtico e cultural do paÃs, insistindo no distanciamiento da ollada e nunha serie de estratexias estéticas que despregaron a súa máxima eficiencia na deformación". O vigués Germán Labrador é un dos comisarios deste proxecto que se poderá ver ata o vindeiro 10 de marzo.