O Museo Reina Sofía presenta a maior retrospectiva feita sobre Maruja Mallo

A exposición ofrece un percorrido cronolóxico pola súa traxectoria a través de 90 pezas

A exposición ofrece un percorrido cronolóxico pola súa traxectoria a través de 90 pezas
'Maruja Mallo. Máscara y compás' é o nome da exposición inaugurada este martes no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e que estará nas súas salas ata o 16 de marzo de 2026. Feita en continuidade e ampliación da que se celbrou ata o pasado mes no CCnetro Botín de Santander, esta supón a maior retrospectiva realizada ata a data da creadora. reunindo 90 obras entre as que se atopan pinturas, debuxos, escritos, documentos e vídeos. Esta mostra retrospectiva sobre a artista lucense (Viveiro, 1902 - Madrid, 1995), recoñece nela unha das grandes artistas do século XX español e unha das principais figuras da xeración do 27, está organizada de xeito cronolóxico tomando como referencia as súas series de pinturas, que, xunto cos seus debuxos e o seu arquivo, trazan toda a súa carreira: desde o realismo máxico e as composicións de carácter surrealista dos seus primeiros anos ata as configuracións xeométricas e fantásticas das súas derradeiras obras.

Desde o comisariado lembran que esta muller, coetánea e compañeira de Rafael Alberti, Salvador Dalí, Federico García Lorca, María Zambrano, Luis Buñuel e Rosa Chacel, entre outros, é ademais, a máis importante representante do grupo de artistas que, por primeira vez, presentaron colectivamente unha cosmovisión feminina dende unha perspectiva tamén inédita, a da muller moderna, activa, libre e profesional. Mallo foi una artista visionaria que logrou reflectir as preocupacións da súa época e anticiparse a moitas das actuais. A voz da artista aparece nesta mostra a través dos seus escritos e dos estudios conservados no arquivo. A través deles, Mallo controlou a difusión da súa obra, que consideraba indisolublemente unida á súa vida. Moitos dos seus retratos poden considerarse autorretratos performativos; un aspecto que destaca esta mostra e que pode relacionarse co seu interese polo teatro.