
A partir dunha selección de obras que van sinalando distintas etapas do seu traballo, dende os anos sesenta ata a actualidade, a montaxe articúlase como un itinerario circular polas salas frontais da primeira planta, sacando partido da estrutura e amplitude dos espazos. Recibe ao público 'Autorretrato en el curso del tiempo', unha peza con múltiples citas autobiográficas, incluÃda a placa funeraria da súa morte o dÃa do seu nacemento. A ambos os dous lados, 'Autorretrato del 44', que presenta en aire pop a imaxe colexial dos estudantes da posguerra e o primeiro franquismo; e 'Lugar para descansar', no que reproduce a lápida dunha persoa falecida o mesmo dÃa do seu nacemento. AsÃ, sinala o comisario, xunto á idea do paso do tempo, e á presenza constante do a exposición inÃciase con esa declaración de intencións e ese xogo tan contemporáneo do eu e o outro, que el formula xa nos anos sesenta.