María Vázquez recibirá o premio Ramón Piñeiro, Facer País

A actriz recollerá o galardón da Asociación Val de Láncara o vindero 29 de novembro

6/11/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

María Vázquez no cartel de Matria

A Asociación Cultural Val de Láncara outorgoulle á actriz María Vázquez o XXIII premio Ramón Piñeiro, Facer País. A entidade recoñécelle a Vázquez que "entende que facer país é vivir a lingua, apoiar a cultura e coidar o territorio". O galardón valora anualmente o labor dunha persoa ou entidade a favor do desenvolvemento de Galicia.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A actriz ten traballado no cinema baixo as ordes de Icíar Bollaín ou Montxo Armendáriz, cunha candidatura aos premios Goya polo seu papel en Matria, de Álvaro Gago. "Neste papel vese o que ela representa: unha muller galega, con raíces fondas, voz propia e ollada ampla", recoñece o fallo do galardón.

O acto de entrega do galardón desenvolverase o vindeiro 29 de novembro no lugar de Carracedo, en Láncara. No evento intervirán diferentes autoridades locais ademais do profesor Xurxo Rodríguez e de Manuel Vázquez, mantedor do acto. Yolanda Díaz, gañadora da anterior edición do premio entregaralle o premio á nova galardoada. O acto contará coa actuación do grupo de música tradicional de Val de Láncara.

Unha decena de asociacións da comarca de Sarria participou na elección da gañadora. O premio que organiza a Asociación Cultural Val de Láncara conta co apoio da Deputación de Lugo, do Concello de Láncara e de Caixa Rural.

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Vázquez, Ramón Piñeiro, Asociación Val de Láncara, Asociación Cultural Val de Láncara...