Cineasta, catedrática da Universidade de Santiago, escritora ou académica da RAG. Os méritos de Margarita Ledo Andión son moitos e variados, e a Asociación Cultural Val de Láncara acaba de os recoñecer co premio Ramón Piñeiro, Facer paÃs. A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago acollÃa esta mañá a presentación do fallo da décimo quinta xeira do galardón, que recoñece o labor dunha persoa ou entidade galega a favor do desenvolvemento da comunidade. Os responsables do premio, que convoca a Asociación Cultural Val de Láncara en colaboración con diferentes entidades desta comarca, destacaron o compromiso de Ledo "con Galicia na súa actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta" ao tempo que destacaron o seu papel como "partÃcipe fundamental no activo proceso de dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación". O acto de entrega terá lugar na primeira quincena de novembro no concello de Láncara.