A escritora e activista Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931) é a gañadora da vixésima edición do Premio Ramón Piñeiro Facer país. A Asociación Cultural Val de Láncara presentou este venres no Consello da Cultura Galega (CCG) o fallo da vixésima edición deste premio, que recoñece o labor dunha persoa ou entidade galega a favor do desenvolvemento da comunidade. "Quixemos destacar, nesta ocasión, a unha muller combativa en favor da lingua e da cultura do país", destacou o profesor Xurxo Rodríguez Lozano en nome da asociación. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, sinalou o "valor deste certame, que nace desde o propio pobo e que ten un meritorio carácter popular e participativo". A Asociación Cultural Val de Láncara convoca este galardón, que busca poñer en valor tanto a persoas, entidades e empresas como a colectivos ou institucións que destacaron "polo seu labor de promoción, defensa e vertebración" da comunidade autónoma de Galicia. O galardón non ten dotación económica e é escollido por unha vintena de asociacións culturais das comarcas de Láncara, Sarria, O Corgo, A Fonsagrada, Baralla e Cervantes.A entrega do premio será en novembro, no marco dunha xuntanza de confraternización na que os anteriores galardoados, Luar na Lubre, entregarán o premio á gañadora desta edición.
Fandiño naceu no barrio de Sar de Santiago en 1931, pero a súa vida estivo marcada pola emigración. Primeiro na Arxentina, a onde marchou en 1952 e, despois, a Francia, onde chegou en 1964. Retornou definitivamente á súa cidade natal en 1979, desde onde desenvolveu un intenso activismo en prol da cultura, a lingua galega e o poder transformador da poesía. Segue en activo, escribindo diariamente e acudindo a centros sociais, colexios e institutos a dar charlas sobre a súa estadía na emigración, os seus poemas e a súa visión da vida.
Foi colaboradora en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Alén deste premio, en 2019 foi agasallada pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo co XI Premio Freire Carril. A súa vida está recollida no documental 'A poeta analfabeta', co que a directora Sonia Méndez se achegou á súa figura no ano 2020. Xustamente a vindeira seman terá lugar na capital galega o festival Luz Poética de poesía nova, inspirado na figura desta autora.