A cantante MarÃa Xosé Silvar, Sés, foi galardoada co O XXI Premio Ramón Piñeiro Facer PaÃs, destinado a persoas e entidades que traballan a prol da lingua e da cultura galega. A Asociación Val de Láncara daba a coñecer na mañá deste 31 de outubro na sede o Consello da Cultura Galega en Santiago o fallo deste recoñecemento, que convoca en colaboración con diferentes entidades da provincia de Lugo a recoñecer o traballo a prol da lingua e da cultura do paÃs.
Segundo destacou LucÃa Arrojo, secretaria da entidade, a galardoada marca un "perfil rompedor" na tradición dos premios. "Sés supón un referente para moitas de nós", asegurou, a sinalar que "destaca pola súa defensa da nosa lingua e da cultura desde unha visión actual, con perspectiva de xénero e a dar voz a quen non ten ". "É unha muller que pisa forte sobre os escenarios, moi fiel ás súas ideas que, sen se cinguir a un estilo concreto, mestura ritmos pero sempre en galego e a atender á identidade do pobo", apuntou. "Pon voz ao que nos desacouga a moitos" concluÃu.
A elección dáse un ano despois de que o galardón fose para a poeta Luz Fandiño, da que Sés musicou un poema. Será Fandiño a encargada de entregarlle o premio á cantante, nun acto que se desenvolverá por diferentes lugares do Concello de Láncara o vindeiro 18 de novembro e no que tamén intervirán Xurxo RodrÃguez e Marta Fernández entre outras voces. O galardón, que non conta con dotación económica, é escollido por unha vintena de asociacións culturais das comarcas de Láncara, Sarria, O Corgo, A Fonsagrada, Baralla e Cervantes.