Luisa Castro é a nova responsable do Instituto Cervantes de Nápoles

O seu nomeamento, vixente desde o 1 de setembro, é por cinco anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Luisa Castro é a nova responsable do Instituto Cervantes de Nápoles

É o maior centro cultural do Instituto Cervantes de Italia, ten arredor de 1.400 metros cadrados e ten a función de divulgar a lingua e a cultura española. A sede de Nápoles ten, desde o pasado 1 de setembro, á galega Luísa Castro (Foz, 1966) como directora. O nomeamento tivo lugar o pasado mes de xullo pero non foi válido ata o 1 de setembro. Esta licenciada en Filoloxía Hispánica coñece ben a realidade italiana xa que empliou os seus estudos na Universitá degli Studi de Urbino. Estará no posto por cinco anos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Cervantes, Italia, Luisa Castro, Foz

Claves

Protagonistas