A Xunta desenvolverá traballos de conservación no Castro de Santa María de Cervantes

Está previsto que as obras neste BIC comecen en outubro

28/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellería de Cultura iniciará con este mes de outubro os traballos de limpeza, conservación e consolidación do Castro de Santa María de Cervantes, declarado Ben de Interese Cultural. Segundo adiantou a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, ante o Parlamento o pasado 25 de setembro, estas actuacións pretenden conseguir "a restauración da área escavada coa finalidade de favorecer a súa visita e posta en valor". Deste xeito, abordarase a limpeza e roza do conxunto "así como tarefas de conservación e consolidación de muros, pavimentos e outras estruturas nunha superficie aproximada de 700 metros cadrados".

Canda a estes traballos, a Dirección Xeral de Patrimonio anunciou a instalación dun panel informativo sobre este ben canda a "accións de difusión dirixidas tanto á veciñanza da zona como á comunidade científica e interesada no patrimonio cultural galego". De cara ao futuro prevese o desenvolvemento de novas escavacións na área para incrementar o coñecemento sobre o depósito.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Ben de Interese Cultural, Consellería de Cultura, Muros...