Dosier: Castro de Viladonga

A Xunta inicia a segunda fase dos traballos de conservación e consolidación do conxunto

12/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Felipe Arias explícalles elementos do Castro aos representantes da Xunta

Reconstruír e consolidar os muros de dez estruturas na croa do castro e desenvolver desbroces no conxunto son as principais actuacións que a Consellaría de Cultura vai implementar nos vindeiros meses no Castro de Viladonga. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou onte o conxunto en compañía da directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez e a responsable de Acción Cultural da Consellería de Cultura e Educación en Lugo, Yolanda Gómez. A iniciativa, que se financia mediante fondos Fondos FEDER, inclúe ademais iniciativas de divulgación do traballo do centro, como unhas xornadas sobre conservación en castros galegos que se desenvolverán os días 14 e 15 de xuño ou unha nova edición da revista Croa.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Culturagalega, Anxo Lorenzo, Feder...