Varios castros reciben excavacións e consolidacións

San Cibrán de Las, Viladonga e Sáa son obxecto de investigación e consolidación

3/10/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Tres sitios emblemáticos da cultura castrexa están a ser obxecto de intervencións destinadas á recuperación e investigacion. En concreto, a cidade de San Cibrán de Lás, onde se radica o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, está a escavar un novo barrio. As escavacións, que comezaron a semana pasada, están a desvelar xa un conxunto de vivendas. Mentres, no castro de Sáa, na Pastoriza (Lugo) a intervención arqueolóxica na croa está a desvelar un poboado castrexo dunha cronoloxía, alomenos na súa etapa final, de entorno ao cambio de era. E o castro de Viladonga, xa escavado na súa croa, está a ser obxecto dunha campaña de recuperación e consolidación.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

15/03/2022

Quiosco: Boletín Croa nº 31

O boletín do castro de Viladonga avanza os resultados das novas intervencións no castro e no xacemento de Proendos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Castro de Viladonga, Arqueoloxía

Claves

Conceptos