Quiosco: Boletín Croa nº 31

O boletín do castro de Viladonga avanza os resultados das novas intervencións no castro e no xacemento de Proendos

15/3/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
32 lecturas | Compartido 0 veces

Croa, o boletín do Museo do Castro de Viladonga xa ten un novo número, o 31. Nesta nova entrega, o boletín avanza os resultados de intervencións arqueolóxicas destacadas, como a realizada no propio castro de Viladonga en 2019 e que devolveu resultados moi interesantes, como un dos poucos machados votivos localizados en contexto arqueolóxico en Galicia, sobre o chamativo xacemento de Proendos (Sober), no que foi localizado un hórreo de grandes dimensións ou unha revisión sobre os niveis "prerromanos" do propio Castro de Viladonga a partir da análise de materiais e outro tipo de documentación, que asentan a cronoloxía de finais da Idade do Ferro no castro, fronte a unha interpretación tradicional máis ligada a época romana. A revista pódese consultar de balde no web do Museo.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

30/10/2013

Quiosco: Croa 23

A publicación do Castro de Viladonga achega diferentes artigos sobre o patrimonio do país

19/09/2008

culturagalegaTV: Viladonga

O Museo de Viladonga amosa aos seus visitantes unha reconstrución virtual deste afamado castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Idade do Ferro, Museo do Castro de Viladonga, Sober...