A importancia do museo súmase á dos restos arqueolóxicos no Castro de Viladonga

Museos de Galicia: a selección dos directores

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga púxose de relevo a raíz das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidade e diversidade das estructuras descubertas como pola cantidade e calidade dos materiais aparecidos, todo o cal deu lugar a que en 1983 se crease nel un Museo destinado a conservar e expoñer estes achados no seu propio contexto.

Tanto no Castro coma no Museo hai que salientar dous aspectos: por un lado, o carácter de documento histórico e científico que teñen as estructuras do xacemento e os obxectos achados nel, correspondentes á época castrexa e galaico-romana. Polo outro, destaca o seu importante valor engadido, patrimonial e cultural, dirixido a toda a sociedade para a súa educación, formación e lecer.

flecha Esta icona do infográfico vale para volver ao menú de fotografías

Localización 27259- Castro de Rei (Lugo) Tel: 982 314255 Fax: 982 314194 museo.viladonga@xunta.es Horario Aberto todos os días (agás 24, 25 e 31 decembro, 1 e 6 xaneiro). De marzo a xuño, e setembro-outubro: de 10 a 20 h. De novembro a febreiro: de 10 a 19 h. Xullo e agosto: 10 a 21 h.
Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Boletín Croa nº 31

Quiosco: Boletín Croa nº 31

O boletín do castro de Viladonga avanza os resultados das novas intervencións no castro e no xacemento de Proendos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Museos, Educación, Castro de Rei...