A décimo sétima campaña de escavacións pon ao descuberto o muro de entrada e restos de vivendas no castro de Viladonga

O castro de nunca acabar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O camiño orixinal, a muralla que rodeaba o asentamento, restos de cerámica, vidro e bronce, sementes de cereais calcinadas e ata restos de vivendas son os últimos achados que se realizaron no castro de Viladonga, en Castro de Rei. Estas descubertas realizáronse durante a décimo sétima campaña de escavacións deste lugar, un dos castros máis estudiados do país. Segundo Felipe Arias, director do museo do castro, logo desta campaña queda pouco para rematar o traballo de escavación, pero aínda haberá que analizar as pezas aparecidas para coñecer polo miúdo a súa importancia.

Máis información no web da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga e na edición de hoxe de El Progreso

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Castro de Viladonga, El Progreso, Castro de Rei