Unha nova campaña recuperará 1.300 metros cadrados do Castro de Viladonga

As actuacións inclúen escavación, limpeza, consolidación e acondicionamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Esta mesma semana a empresa Terra Arqueos comezará a nova campaña de actuacións no Castro de Viladonga (Castro de Rei). A Consellaría de Cultura anunciou un investimento de 200.000 euros para unha actuación integral que inclúe tarefas de escavación, limpeza, consolidación e acondicionamento e que afectarán a unha superficie total de 1.300 metros cadrados. Ademais de actuar sobre espazos localizados no ángulo nordés da croa do castro acondicionarase a parte superior da muralla principal do xacemento para facilitar o acceso á mesma coa instalación de chanzos de madeira. Tamén se acondicionarán camiños e se crearán rampas con vistas a mellorar a accesibilidade do recinto. Os raballos cofináncianse nun 80% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Feder, Nordés, Castro de Rei...