A Xunta adquire seis terreos para ampliar a musealización do castro de Viladonga

Engadirán 20.000 novos metros cadrados de superficie para "usos sociais e culturais"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Xunta adquire seis terreos para ampliar a musealización do castro de Viladonga

A Xunta adquiriu seis novas propiedades no exterior da croa do castro de Viladonga que permitirán "ampliar usos sociais e culturais deste espazo e os traballos de escavación e investigación". Os terreos adquiridos incorporarán 20.000 metros cadrados á superficie do recinto arqueolóxico musealizado e posibilitará avanzar "nos estudos do sistema defensivo do castro, así como no de outras zonas de intensa ocupación e utilización". As adquisicións prodúcense despois das investigacións que en 2023 desvelaron a existencia de zonas de ocupación no exterior da croa do castro, na área occidental, detectadas a partir da investigación con xeorradares e gradiómetros, mentres que na área oriental (a zona na que se atopa o museo) aparecen restos defensivos.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Arqueoloxía

Claves

Conceptos