O Castro de Viladonga xa é Ben de Interese Cultural

A declaración afecta a 96.270 metros cadrados deste depósito

11/12/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces
O Consello da Xunta acordou esta mañá declarar o Castro de Viladonga como Ben de Interese Cultural. A declaración aféctalle a un total de 96.270 metros cadrados deste importante depósito arqueolóxico de Castro de Rei, o que inclúe toda a área amurallada, e prevé aínda un perímetro de protección de 933.494 metros cadrados. Na declaración recoñécese "a configuración monumental e a morfoloxía" do conxunto "que constitúe en sisma un modelo de arquetipo formal de castro". Ao tempo, tamén se fai mención do importante traballo de investigación e divulgación que se realiza desde o mesmo.

Universo culturagalega.gal

Contextos