O Diario Oficial de Galicia recollÃa onte a resolución pola que se incoa a declaración como Ben de Interese Cultural do Castro de Santa MarÃa de Cervantes. O expediente afectará a 56.615 metros cadrados e establece un contorno de protección de 566.385 metros cadrados arredor deste monumento. Segundo informa a declaración, "o conxunto está integrado, ademais de polo poboado castrexo e dos restos das explotacións mineiras, que permanecen fósiles na paisaxe, por unha necrópole que se remonta cando menos ao século XIV, de rito cristián, e que se localiza sobre o recinto do castro, e por un poboado mineiro de época castrexa, dos séculos I-II da nosa era".
No lugar está tamén situada a igrexa de Santa MarÃa do Castro, a casa reitoral e mais unha acea da que se salienta a súa importancia etnográfica. A declaración implica a aplicación inmediata do réxime de protección correspondente aos Bens de Interese Cultural.