O Castro de Troña terá un plan director en breve

O conxunto comprende unha área de 105.990 metros cadrados

27/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Dirección Xeral de Patrimonio inciará de xeito inminente a elaboración do Plan Director do Castro de Troña. Así o asegurou Xosé Ramón Rey Pichel, titular deste departamento na visita que realizou recentemente a este monumento. O documento establecerá polo miúdo as accións necesarias para a conservación e recuperación do conxunto, que comprende 105.990 metros cadrados de superficie. Ademais, compromoteuse a iniciar en breve traballos de reparación da Capela do Doce Nome de Xesús, e no seu adro cuberto, situada no mesmo outeiro que o castro.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio