O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os oito recoñecementos desta edición. Editorial Galaxia, no eido de Letras; a recuperada Bienal de Pontevedra, na categorÃa de Artes Visuais; a mostra de Teatro Cómico de Cangas, nas Artes Escénicas; en Música, as Bodegas MartÃn Códax; a produtora Baños Films, en Audiovisual; recoñécese co premio na categorÃa de Lingua a campaña 'Aquà tamén se fala'; o gaiteiro e artesán Antón Corral na categorÃa de Patrimonio Cultural e o programa radiofónico ‘Sempre en GaliciaÂ’ por Proxección Exterior son os nomes elixidos para recibir este ano os recoñecementos. Con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, asà como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu este xurado do que tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, MarÃa Quintiana; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a vicepresidenta 2ª do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e MarÃa López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén profesionais, como Esther Estévez, xornalista; Alberto Sueiro, director do Festival Internacional Outono de Teatro; Verónica Santos, directora de Acción Cultural na Fundación Cidade da Cultura, e Andrea González, pianista e directora do festival IKFEM. Ademais, exerceu como secretaria Mª Carmen Calviño, subdirectora xeral de Arquivos e Centros MuseÃsticos da Xunta.