Yolanda Castaño, o Museo do Gravado, Pistacatro ou Ponte...nas Ondas! entre os premiados dos Premios da Cultura Galega 2023

A distinción abrangue oito ámbitos

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
A poeta Yolanda Castaño.

A poeta Yolanda Castaño.

O xurado dos Premios da Cultura galega 2023 resolveu hoxe pola mañá os recoñecementos correspondentes a esta edición. Na categoría de letras, o recoñecemento foi para a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, en Artes Visuais, o Museo do Gravado á Estampa Dixital. Nas Artes Escénicas, para PistaCatro. En Música, para a Banda de Música Unión de Guláns. En Audiovisual, Portocabo. Na categoría de Lingua, Ponte...nas Ondas!. No sector do Patrimonio cultural, Eduardo Pardo de Guevara e na Proxección Exterior, os cursos de verán Galego sen fronteiras. Cos galardóns, a Xunta "distingue a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural" do país.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Danse a coñecer os Premios da Cultura Galega 2025

Danse a coñecer os Premios da Cultura Galega 2025

Recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico 'Sempre en Galicia'

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Yolanda Castaño, Pistacatro, Artes Visuais, Artes Escénicas...

Claves

Protagonistas