O Consello da Xunta aprobou hoxe a nova edición dos Premios da Cultura Galega, cos cales se recoñece o traballo destacado de entidades e persoas nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección cultural de Galicia no exterior. A convocatoria de 2013 publicarase nos próximos días no Diario Oficial de Galicia para que, desde ese momento, as candidaturas poidan ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio.
Segundo informa a Xunta a través da referencia do Consello de Goberno a edición de 2013 dos Premios da Cultura Galega incorpora unha nova modalidade nos premios con respecto a anos anteriores: o Premio Cultura Galega de Lingua, que recoñecerá o labor a prol da valoración e extensión do uso da lingua galega. Para iso, valorarase o desenvolvemento de obras e de iniciativas destinadas a afianzar o uso e a valoración social do galego. Cabe recordar que con ocasión da concesión en 2010 do premio a Agustín Fernández Paz na modalidade de Letras o escritor rexeitara o galardón en protesta ante a política que estaba a levar a Xunta en materia lingüística.
En cada unha das modalidades concederase un único premio, que consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo. Os gañadores adoitan coñecerse a en novembro do ano presente e a entrega terá lugar xa no ano 2014. O xurado encargado da selección dos premiados contará con 10 membros e estará presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad.