A ConsellarÃa de Cultura daba a coñecer onte os nomes das persoas e colectivos galardoados cos Premios da Cultura Galega 2015. As oito categorÃas destes recoñecementos repartÃronse entre Fina Casalderrey, que levou o premio ás letras, Miguelanxo Prado, que se fixo co das artes, MarÃa Bouzas, recoñecida no campo das artes escénicas, Ignacio Vilar na categorÃa de audiovisual e o coro Toxos e Froles, considerado o máis relevante no campo da música. Canda a eles, o xurado valorou o labor da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica, mentres a Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial recibiu o galardón ao labor no patrimonio e a investigadora Kathleen Nora March o de promoción exterior da nosa cultura. A Xunta outorga anualmente estes premios para "apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos".