
No currÃculo do homenaxeado están fitos como ter sido creador do Obradoiro Escola de Instrumentos Populares de Vigo ou da banda de gaitas Xarabal. Ademais, participou na formación de recoñecidos músicos como Anxo Lois Pintos ou Carlos Núñez. A organización dos galardóns apuntan que "Antón Corral supón un paso de xigante na música galega, dende a case marxinalidade até o recoñecemento internacional que hoxe ten, e todo feito dende unha humildade, xenerosidade e cariño que o fan dobremente admirable”. Corral recollerá o seu premio o vindeiro 28 de abril na gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra.