A Asociación de Músicos ao Vivo ven de facer público que a musicóloga suÃza Dorothé Schubarth recibirá o Premio de Honor 2017 que a asociación outorga dentro da celebración do Premios MartÃn Códax da Música. Schubarth chegou a Galicia en 1978, aproveitando unhas vacacións para coñecer de primeira man o folclore local, o seu interese pola riqueza musical do paÃs provocaron que mantivese a súa estadÃa durante cinco anos, nos que coa axuda de Antón Santamarina fixo unha completa recollida e clasificación de coplas e cantares que levaron á elaboración do Cancioneiro Popular Galego, a obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, que publicou en 1984. Segundo a directiva de MAV, “As novidosas achegas metodolóxicas de Dorothé Schubarth, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, asà como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade galega, convértena na indiscutible merecedora do Premio HonorÃfico 2017 “.
Dentro das novidosas achegas de Dorothé no campo do patrimonio musical popular compre destacar o rexistro en audio das recollidas, fundamental na transmisión oral da nosa tradición, e sobre todo, o recoñecemento da importancia radical das informantes, facendo constar o seu nome en cadansúa transcrición. A grandeza da súa xenerosidade e a de Antón culmina coa cesión de todo o material, tanto o publicado coma o inédito, ao Arquivo Sonoro de Galicia para a súa disposición e consulta pública, e que representa arredor de 5000 letras e 248 Cds coas gravacións orixinais en cinta dixitalizadas. O premio será entregad durante a gala dos IV Premios MartÃn Códax da Música que terá lugar o 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.