Hai agora 39 anos que chegaba a Galicia por vez primeira Dorothé Schubarth. A que daquela era unha estudante suÃza de musicoloxÃa pasarÃa a se converter nun nome imprescindible para falarmos do noso patrimonio sonoro. O seu labor canda ao filólogo Antón Santamarina ergueu o Cancioneiro Popular Galego unha obra monumental que aÃnda hoxe supón o referente para coñecer as formas tradicionais da nosa música. Dentro dos inescusables recoñecementos que hai xa anos ven recibindo a autora, a asociación Músicos ao Vivo acordou outorgarlle o seu Premio HonorÃfico no marco do IV Premios MartÃn Códax da Música.
As súas "novidosas achegas metodolóxicas, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, asà como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade galega" son os motivos que levaron á Asociación Músicos ao Vivo a lle outorgar este galardón á musicóloga suÃza Dorothé Schubarth. O Cancioneiro marcou sen dúbida ningunha o coñecemento da nosa tradición musical coa súa magnitude e a súa abordaxe sistemática deste patrimonio. A obra, que no seu dÃa foi publicada en nove volumes pola Fundación Barrié en varios volumes, viu a luz en versión en web en 2013 no espazo na rede desta entidade. No entanto, na actualidade non está disponible "por motivos técnicos", segundo sinalan desde a Fundación a indicar a súa intención de volver a telo en liña "próximamente". Canda a isto, os fondos daquel intenso traballo de campo están custodiados no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego e mais no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Recepción
Malia ao recoñecemento unánime sobre aquel labor, o Cancioneiro tivo, no entanto unha recepción discreta, motivada en boa medida pola dificultade en se achegar ao sistema de notación e clasificación polo que apostou a autora. Segundo explica Schubarth, "a idea máis importante era que aquela fose unha documentación que se achegase o máis posible ao orixinal. Porque despois se isto desaparecese non poderÃa facer de novo. Non me interesaba se a xente aquà o poderÃa ler ou non. Non sei se fixen ben, porque asà o cancioneiro botou como dez anos sen que se lle fixese caso", explica. No entanto, defende que "o 90% da obra non é difÃcil de ler, non é nada doutro mundo. Penso que pesa máis o medo de entrar".
VÃnculo permanente
Despois deste histórico traballo, Schubarth non se desvinculou de Galicia, onde recibiu homenaxes como o Pedrón de Honra, ou o Andaina Senlleira dos Premios Opinión. Na actualidade, segundo recoñece na entrevista, está a visitar algúns dos lugares polos que pasou hai corenta anos. "Non é en balde, aÃnda que sexa moi tarde, volver aos sitios a ver que queda". En breve un novo artigo da autora dará conta do traballo que está a realizar en Bande. "É interesante, pódese confrontar. HabÃa isto, e agora fica isto. Atopamos xente interesada, un familiar, un supervivinte daquel tempo".
A entrevista
Con ocasión deste galardón, a investigadora concedeulle unha única entrevista á Asociación Músicos ao Vivo. Desde esta entidade conversaron con ela e mais con Antón Santamarina sobre o seu traballo. Agora, reproducimos en vÃdeo esta parola na que a investigadora fala sobre o seu método de traballo, en ocasións incomprendido, a recepción da súa obra ou a evolución da tradición musical no paÃs desde aquel tempo. O vindeiro tres de maio, Schubarth recollerá o seu galardón no marco da gala dos Premios MartÃn Códax da Música ao Vivo.
Xa en 2003 Culturagalega.org falou con Dorothé Schubarth encol do seu traballo no Cancioneiro Popular Galego. De aquel encontro saÃu esta reportaxe
O traballo de Schubarth e SantamarÃa marcou o xeito no que se abordaron a colleitas de música tradicional. Nesta reportaxe de 2012 repasamos a situación e a evolución deste labor.
Malia a súa importancia, a dificultade que para moitos investigadores supuña o Cancioneiro Popular Galego fixo que a obra non tivese unha grande repercusión. Con ocasión do seu lanzamento en versión dixital abordamos o impacto desta obra na nosa música de raÃz nesta reportaxe.