O Mapa Literario de Vigo amosa a densidade narrativa da cidade a través de máis de 3.000 referencias

Foi promovido pola Biblioteca Municipal Neira Vilas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Mapa Literario de Vigo

Mapa Literario de Vigo

A Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas de Vigo fixo público o Mapa Literario de Vigo, unha ferramenta colaborativa que representa a cidade como un denso espazo literario vinculado á creación de numerosos autores e autoras. "A historia, a cultura, os costumes e a paisaxe da cidade inspiraron desde clásicos da literatura universal ata obras contemporáneas", explican desde a biblioteca, quen destaca a peculiar viveza literaria viguesa: "a cidade conta cunha traxectoria literaria relevante, que se remonta a séculos atrás, cunha comunidade literaria activa, que inclúe escritores e escritoras, editoriais, bibliotecas, librarías e outras entidades culturais". O repositorio detrás do Mapa inclúe 3307 referencias a 285 novelas de 153 autores distintos. O documento pódese descargar nunha ampla web que inclúe liñas literarias e paradas bibliográficas.

Que che parece esta nova?
160 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Narrativa, Paisaxe, Clásicos...