A coincidir co 23 de abril, a celebración do Día do Libro enche a axenda cultural galega. Bibliotecas e librarías son as principais protagonistas da xornada con actividades que van desde contacontos, lecturas colectivas e exposicións bibliográficas a presentacións que se prolongarán alén da data de hoxe. Entre outras propostas, bibliotecas como a Ánxel Casal de Santiago de Compostela ou a Xosé Neira Vilas de Vigo contarán con cadansúa escape room de temática literaria, en concreto unha dedicada a Harry Potter e outra sobre Xulio Verne. En Ferrol a apertura da Feira do Libro contribúe ao ambiente literario da cidade con diferentes propostas mentres en Lugo a Biblioteca Provincial centra a data en coñecer a Habana coa presentación de Unha casa en Amargura un concerto e unha exposición documental.
Pola súa banda, a Deputación da Coruña está a distribuír, no marco do programa Libros para sermos libres, preto de 6.000 que fan parte dos seus fondos e que están na actualidade fóra de circulación. De xeito similar, bibliotecas de museos e centros de arte e cultura de todo o Estado desenvolven un bookcrossing simultáneo no que liberan libros duplicados dos seus fondos. No noso país o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o CGAC, o Museo Etnolóxico en Ribadavia ou o de Belas Artes da Coruña participan desta iniciativa.