Diferentes actividades conmemoran o Día da Edición

A Xunta presentou o seu calendario do libro e da lectura para 2016

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Diferentes actividades conmemoran o Día da Edición

A coincidir co aniversario do nacemento de Ánxel Casal hoxe conmemórase en toda Galicia o Día da Edición. Bibliotecas como a de Santiago ou a coruñesa González Garcés celebran a data con cadansúa exposición. Ademais mostras bibliográficas, presentacións literarias ou concursos son outras propostas para a data. Na Coruña abre as súas portas, a coincidir coa efeméride, a feira cultural Abecedari@, mentres desde a Consellaría de Cultura achégase a centros de lectura e librarías a nova edición do calendario do libro e da lectura para 2016. O novo calendario inclúe as efemérides que se conmemorarán o vindeiro ano, como son o centenario das Irmandades da Fala, o 130 aniversario de Queixumes dos pinos e de Florentino López Cuevillas, os días das Letras Galegas, da Ilustración, da Poesía e do Teatro, o nacemento de Rosalía de Castro ou os centenarios de Borobó e de Lorenzo Varela.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Novas datas para a lectura

Novas datas para a lectura

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides e perde o Día de Rosalía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Ánxel Casal, Bibliotecas, Feira...