Novas datas para a lectura

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides e perde o Día de Rosalía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Novas datas para a lectura

O Día do Usuario das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, e o Día da Ilustración no Libro, o 30 de xaneiro (aniversario de Castelao) son as novas datas que a Consellaría de Cultura engadiu ao Calendario do Libro e da Lectura para 2014. Segundo explicou onte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no Parlamento, a entidade pretende homenaxear as persoas que utilizan as bibliotecas e pór de relevancia a importancia da ilustración. Canda a estes, o calendario inclúe datas propias deste ano como o bicentenario de Frei Rosendo Salvado ou os aniversarios de Vicente Risco e Antón Losada (130 anos) ou Leiras Pulpeiro (160). Fronte a isto, e segundo denunciou recentemente Sermos Galiza, a Consellaría non recolle neste 2014 a celebración, o 24 de febreiro do Día de Rosalía, que leva a se celebrar varios anos cunha crecente aceptación social.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día de Rosalía, Bibliotecas, Vicente Risco, Anxo Lorenzo...