Bea Lema asina o Calendario do Libro e da Lectura 2020

O centenario de Nós e o de Díaz Pardo incorpóranse ás efemérides deste ano

16/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Día do Usuario das Bibliotecas que se celebrou este 11 de xaneiro, é a primeira das efemérides que recolle o Calendario 2020 do libro e da lectura que fixo público a Rede de Bibliotecas de Galicia. A gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada Bea Lema asina a ilustración deste ano, que homenaxea, segundo a autora "a habilidade humana de levar cousas na cabeza".

Para alén das datas máis habituais, como o Día das Letras Galegas o 17 de maio, o de Rosalía o 24 de febreiro ou o Día da Poesía, o 23 de marzo, o calendario recolle celebracións específicas de 2020, como son os centenarios de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto) e da revista Nós (30 de outubro). A vindeira efeméride prevista é a celebración, este 30 de xaneiro, do Día da Ilustración.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

12/12/2013

Novas datas para a lectura

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides e perde o Día de Rosalía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Bibliotecas, Castelao, Premio Castelao de Banda Deseñada...