O Calendario do Libro e da Lectura homenaxea a Castelao e a Díaz Pardo

A Consellería de Cultura recolle 34 efemérides neste ámbito para 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Calendario do Libro e da Lectura homenaxea a Castelao e a Díaz Pardo

A biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, acollía este 11 de decembro a presentación do Calendario do Libro e da Lectura para 2025. A publicación, que dá conta de 34 efemérides no ámbito das letras para os vindeiros doce meses, recolle datas de homenaxe a Castelao con motivo do 75 aniversario do seu falecemento e a Isaac Díaz Pardo, a quen se lle dedica o vindeiro Día das artes galegas.

Precisamente a data de falecemento de Castelao, o 7 de xaneiro, é a primeira recollida no calendario. Díaz Pardo terá o seu protagonismo o vindeiro 1 de abril, a coincidir co Día das Artes.

Canda a estas datas, o calendario recolle como novidade a celebración o 17 de outubro o Día do patrimonio inmaterial, que contará con actividades específicas nas bibliotecas públicas do país. Tamén se incorporan a esta programación o 27 do mesmo mes, Día da corrección de textos, e o 22 de novembro, Día da música.

Segundo lembra a Xunta, a Lei do libro e da lectura de Galicia establece a elaboración deste calendario para fomentar a lectura e a normalización da presenza do libro en todos os sectores da sociedade. Carlos Gallego Domínguez correu coas ilustracións desta edición da iniciativa.

Calendario do libro e da lectura 2025

Calendario do libro e da lectura 2025

Que che parece esta nova?
130 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Consellería de Cultura, Ánxel Casal, Isaac Díaz Pardo...