Cantigas e Agarimos homenaxea a Ruth Matilda Anderson no seu novo espectáculo

O Auditorio de Galicia, en Santiago, acolle a estrea da montaxe este 2 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cantigas e Agarimos homenaxea a Ruth Matilda Anderson no seu novo espectáculo

Cando se fai un século da visita de Ruth Matilda Anderson a Galicia, a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos homenaxea esta fotógrafa e etnógrafa cun espectáculo que recolle o seu legado. Anderson propón unha recreación das imaxes da cultura tradicional galega que recolleu a estadounidense con música e baile.

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle este 2 de novembro a estrea desta proposta, que "mestura música, danza, palabra e imaxe, nunha homenaxe visual e emocional á forma en que nos miramos e nos miran", segundo sinala a agrupación.

A proposta combina extractos do diario da investigadora e do seu pai con pezas de baile e música recollidas por nomes da etnomusicoloxía como Alan Lomax ou Dorothé Schubarth, tamén chegados do estranxeiro. Proxeccións fotográficas e traxes e pezas de época fan parte tamén do espectáculo.

Que che parece esta nova?
131 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Cantigas e Agarimos, Auditorio de Galicia, Dorothé Schubarth...