O día 10 de xaneiro de 1926 chegaba a Betanzos Ruth Matilda Anderson. A etnógrafa e fotógrafa estadounidense estaría na vila ata o día 21 a retratar a sociedade agraria galega da época para a Hispanic Society of America. Cen anos despois, o concello rememora, a través do BAM (Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas), aquela visita co programa Ruth Matilda Anderson, Betanzos 1926-2026.
O programa bota a andar este venres 16 de xaneiro coa apertura dunha exposición comisariada por Ana Tomé na que se poderán ver varias das fotografías que realizou a investigadora canda a tomas actuais da vila realizadas nos mesmos lugares. Na mesma xornada, o Cine Alfonsetti acollerá a proxección do documental A viaxe de Ruth, realizado por Jaime Prado e Xosé Reigosa.
O día 17 as actividades comezará cunha conversa da historiadora Leticia Mayán e de Sara Fraga, do colectivo Pesquedellas con tres mulleres do concello sobre as relacións entre vila e rural. A Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós realizará unha actuación a recrear pezas do gaiteiro Cafú, retratado repetidamente por Anderson. A sesión finalizará cun encontro sobre fotografía documental no que participarán Alba Rodríguez Saavedra, Eutropio Rodríguez e Sergio Pascual.