Alba Rodríguez reivindica o labor de tradución de Ruth Matilda Anderson

Laiovento publica Ruth Matilda Anderson. Tradutora nas marxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Alba Rodríguez reivindica o labor de tradución de Ruth Matilda Anderson

Para alén do seu recoñecido traballo como fotógrafa da Galicia dos anos 20, Ruth Matilda Anderson desenvolveu un labor pioneiro a levar textos galegos ao inglés. Agora Alba Rodríguez Saavedra reivindícao no volume Ruth Matilda Anderson. Tradutora nas marxes, que publica a editorial Laiovento.

No volume, Rodríguez demostra que Anderson foi "a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964", con sete poemas versionados, e amosa o interese da estadounidense por figuras como a poeta de Padrón ou Emilia Pardo Bazán.

Canda a isto, na súa obra Rodríguez explicita "os diferentes mecanismos que, desde 1939, operaron e operan para manter afastada do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña", a monografía de Anderson sobre o noso país.

A obra de Anderson, que non está dispoñible na nosa lingua, inclúe tamén textos en inglés doutros nomes das letras galegas como Martín Códax, Macías O Namorado ou Airas Nunes, ademais de refráns, cantigas ou versos de Eduardo Pondal.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alba Rodríguez, Laiovento, Tradución, Eduardo Pondal...