Un roteiro conmemora a visita de Ruth Matilda Anderson á Rúa

A proposta inaugura o proxecto Camiños falados

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Paradas do roteiro Ruth na Rúa. Fonte: Camiños falados

Paradas do roteiro Ruth na Rúa. Fonte: Camiños falados

O Concello da Rúa abriu estas festas de nadal o roteiro co que homenaxea a Ruth Matilda Anderson no centenario da súa visita á vila. Os tres días que pasou a fotógrafa estadounidense na zona recóllense nun web no que se poden as imaxes tomadas durante a súa estadía canda a recreacións actuais das mesmas.

A camiñada conta con nove paradas, que percorren diferentes espazos da vila e nas que se recollen ademais notas da investigadora tiradas do volume Fotografías de Ruth Matilda Anderson, Unha mirada de Antano, de Afundación e a Hispanic Society of America.

O roteiro é o primeiro da iniciativa Camiños falados. Dirixida por Cristina de la Torre e desenvolvida co apoio do Concello da Rúa, esta proposta pretende desenvolver diferentes contidos a recuperar a memoria local.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Cristina de la Torre, Torre, Hispanic Society...

Claves

Protagonistas
Conceptos