Dumbría rememora o centenario da visita de Ruth Matilda Anderson á localidade

A xornada Memoria, mulleres e dignidade desenvólvese este 23 de novembro

19/11/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
37 lecturas | Compartido 0 veces

O edificio Bitácora do Ézaro acolle este 23 de novembro a xornada coa que o Concello de Dumbría lembra o centenario da primeira visita de Ruth Matilda Anderson a esta localidade. Tres conferencias e un faladoiro compoñen o programa desta actividade, para que a tamén se recreou un dos retratos icónicos que realizou a fotógrafa americana durante a súa estadía.
A profesora de historia Ana Cabana, que impartirá a conferencia "O país das mulleres de Ruth Matilda Anderson. Unha ollada en clave de xénero cara a Galicia do primeiro terzo do século XX" abrirá a sesión. Canda a ela, a investigadora Alba Rodríguez falará do papel da americana como "tradutora e reivindicadora das mulleres galegas e da Galicia longamente ocultada". Finalmente, Patrick Lenaghan responsable dos gravados e fotografías na Hispanic Society of America onde se custodian os fondos de Anderson, explicará este legado.

A sesión continuará cunha mesa entre as dúas relatoras e mais o xornalista Santiago Garrido, e cun faladoiro con persoas de idade da localidade a falar sobre o pasado desta zona. Con esta ocasión, o Concello promoveu a recreación dunha das imaxes icónicas que Anderson tomou no local. Unha trintena de mulleres participaron o pasado 15 de novembro desta iniciativa, na que replicaron o traballo de recoller as redes na praia para a fotógrafa Ana García.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades