Maña, 20 de abril, terá lugar a inauguración en Vigo, na sede de Afundación, da exposición 'Fragmentos de Onte' organizada polas Bodegas Martín Códax en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelase da Hispanic Society de Nova York. Esta exposición supón unha continuidade e adaptación dunha anterior exposición que baixo o título "Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia", amosou o pasado ano o Museo de Pontevedra. Como en aquela poderase ver unha mostra significativa do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson, coas imaxes sacadas pola fotógrafa entre os anos 1924 e 1926 en Galicia, amosando máis de sesenta exemplos de traxes tradicionais a partir das fotografías que Anderson realizou para a Hispanic Society nos anos 20. Esta continuidade da mostra chega agora da man de Martín Códax co gallo dunha Edición Especial de botellas do seu albariño que amosarán nas súas etiquetas algunhas das imaxes de Anderson.
Seis botellas de albariño compoñen a Edición Especial Fragmentos de Onte de Martín Códax, dispoñibles xa por tempo limitado. Nas estiquetas de cada unha destas botellas substitúese a imaxe habitual da marca, co pergameo Vindel, por unha selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson coa que se fai unha pequena gran homenaxe á tradición e á nosa orixe, afondando na vida do pobo grazas aos relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926. Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer que renden tributo ás profesións máis artesanais que se realizan en Galicia, e que, moitas delas, aínda permanecen. As redeiras de Marín, as leiteiras de Muros, as mariscadoras de Carril o as palilleiras de Muxía, xunto cas oleiras de Niñodaguia en Ourense ou as vendedoras da Praza da Leña en Pontevedra represéntanse en cada unha das seis botellas desta Edición Especial Fragmentos de Onte
Exposición itinerante e actividades
A exposición que se inaugurara este xoves en Vigo, estará na sede de AFundación ata o vindeiro 10 de xuño. Tras diso poderá verse en Santiago de Compostela, na Igrexa da Universidade, entre o 21 de xuño e o 29 de xullo. Entre 1924 e 1926, Archer Milton, fundador da Hispanic Society of America de Nueva York, mandou á fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia, en varias expedicións, para recoller todo o material etnográfico que estaba a piques de se perder: vestiario, oficios, festas, costumes, feiras, tradicións. A exposición comisariada desde Asociación Etnográfica Sete Espadelaspresenta unha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro de Anderson. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá amosar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.
A Exposición, aberta de luns a sábado de 17:30 a 20:30 horas até o 10 de xuño, será un espazo que acollerá diferentes contidos culturais, entre eles showcookings de recoñecidos cociñeiros da cidade, visitas guiadas e catas comentadas por un dos catadores de Adegas Martín Códax. "Fragmentos de Onte" poderase vivir a través dunha completa visita guiada onde, da man da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, os visitantes poderán coñecer toda a historia e detalles de todas as obras de Ruth Matilda Anderson e de como era o día a día na Galicia dos anos 20. Estas visitas culminarán cunha cata comentada dunha coidada selección das elaboracións de Adegas Martín Códax da man dun dos nosos catadores. Os días 3, 10 e 16 de maio e o 7 de xuño, a partir das 19:30 horas, no salón previo á terraza, celebraranse varios showcookings onde recoñecidos cociñeiros locais ofrecerán aos asistentes unha proposta gastronómica desenfadada e arraigada no territorio, cos nosos viños como coprotagonistas.