Cineuropa regresa un novembro máis ás pantallas de Santiago de Compostela para celebrar o cinema como espazo de encontro, de reflexión e de liberdade. A súa 39ª edición desenvolverase entre o 7 e o 23 de novembro e abrirá o venres 7 coa proxección da película iraquí 'The President's Cake (A torta do presidente)', Cámara de Ouro á Mellor Ópera Prima no Festival de Cannes. Con este filme dáse inicio a unha edición que reunirá140 películas procedentes de todo o mundo e un amplo abano de debates, encontros, ciclos e actividades formativas. Baixo o lema 'Amor.Cinema.Público.Saír do outono e da clandestinidade', o festival convida a recuperar o pracer colectivo da sala escura como antídoto contra os discursos do odio e a incerteza contemporánea. "Cada filme é unha tesela dun mosaico de culturas, linguas e emocións, un discurso coral da arte, que é a mellor linguaxe coa que encarar o presente e mais o porvir", sinalou o director José Luis Losa na rolda de prensa de presentación desta edición no Concello de Santiago.
As once películas desta Sección Oficial a Concurso reafirman o papel de Cineuropa como escaparate do novo cinema de autor. Nesta edición, o xenocidio palestino e a memoria das ditaduras do século XX atravesan moitos dos relatos, coa presenza destacada do cineasta Kamal Aljafari, que será tamén un dos tres Premios Cineuropa 2025. Xunto a el, recibirán o galardón Jonás Trueba, referente do cinema independente español e herdeiro da mellor tradición humanista europea, e Jaione Camborda, directora donostiarra-compostelá que fixo historia ao gañar a Cuncha de Ouro de San Sebastián con O corno e que representa o vigor do Novo Cinema Galego.
O cinema galego, protagonista
O Panorama Audiovisual Galego reafirma a aposta de Cineuropa pola creación propia. Este ano, a sección inclúe a estrea galega de 'Así chegou a noite', o novo filme de Ángel Santos que pechará o festival; 'Deuses de pedra', de Iván Castiñeiras, aclamado en Documenta Madrid e no Play-Doc de Tui; e '360 curvas', sobre as mobilizacións sociais da Fonsagrada nos anos 90. Completan a sección 'Crónicas dun non',' Grelei raíces no teu lar', Lola, 'O meu nome é Camba' e 'O silencio heredado'. Ademais, o programa de curtametraxes inclúe 'Ciudá de ladrillo', 'Danza propia', Pura e 'Algo novo que contar', mostrando novas voces e linguaxes cinematográficas en formato breve.
Entre as grandes citas do calendario internacional,Cineuropa 39proxectará o León de Ouro da Mostra de Venecia, o Oso de Ouro de Berlín, o Leopardo de Ouro de Locarno e o Gran Premio do Xurado de Cannes, ademais doutros moitos títulos dos festivais citados e doutros certames internacionais como San Sebastián, Bos Aires ou Sitges, combinando novas voces con cineastas e ollares consagrados. A programación acollerá obras de Paolo Sorrentino, François Ozon, Olivier Assayas, Richard Linklater, Joachim Trier, Radu Jude, Lucile Hadzihalilovic, Pietro Marcello, André Téchiné, Lucrecia Martel, Hafsia Herzi, Dag Johan Haugerud, László Nemes, Alice Winocour ou Pedro Pinho, entre outros.