O Calendario do Libro e da Lectura de 2023 recolle 33 efemérides

Chama a conmemorar os días do libro electrónico, da preservación dixital ou do patrimonio cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Calendario do Libro e da Lectura de 2023 recolle 33 efemérides

O Día do Usuario/a das Bibliotecas abre, este 11 de xaneiro, o Calendario do Libro e da Lectura 2023. A Consellería de Cultura fixo público este almanaque que repasa as principais efemérides vencellada a estes ámbitos. Ilustrado desta volta por Federico Fernández Alonso, o calendario medra e recolle desta volta un total de 33 datas sinaladas.

Entre as novidades que incorporou a Xunta está o centenario do pasamento de Manuel Murguía (2 de febreiro), os cincuenta anos do pasamento de Pablo Picasso (8 de abril) e o centenario do nacemento do poeta Carlos Oroza (13 de maio). Ademais, tamén se suman ao documento os días do libro electrónico (4 de xullo), da preservación dixital (2 de novembro) e do patrimonio cultural (16 de novembro).

Con este documento a Xunta pretende "impulsar a realización de actividades arredor das principais datas vencelladas a este ámbito e facilitar a súa planificación anual".

Outras datas próximas que se recollen son o Día da Ilustración (30 de xaneiro), o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 de febreiro), Día do cómic (17 de marzo), da narración oral (20), da poesía (21) ou do teatro (27 dese mesmo mes).

Calendario do Libro e da Lectura 2023

Calendario do Libro e da Lectura 2023

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Novas datas para a lectura

Novas datas para a lectura

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides e perde o Día de Rosalía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Consellería de Cultura, Carlos Oroza, Picasso...