A Consellería de Cultura está a distribuír entre librarías e bibliotecas o Calendario do Libro e a Lectura 2019, co que se busca dinamizar actividades de promoción e difusión do libro. No calendario inclúense as datas sobranceiras do ano, coma o Día das Letras Galegas, dedicado a Antón Fraguas, e numerosas outras datas conmemorativas que rematan o 17 de decembro como Día da Edición, e que conmemoran o nacemento de Ánxel Casal.
[da nota de prensa da Consellería de Cultura]
Os centros bibliotecarios, que celebran o Día do Usuario/a das Bibliotecas o 11 de xaneiro, comparten protagonismo no primeiro mes do ano coas artes plásticas, coa conmemoración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro, data do nacemento de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Co mes de febreiro chegan a celebración do Día da Lingua Materna e do nacemento de Rosalía de Castro, o 21 e o 24 de febreiro, respectivamente.
No mes de marzo tamén se celebran os días da Narración Oral, o 20; da Poesía, o 21, e do Teatro, o 27. Nesta última data tamén se cumpren os 90 anos da publicación dun dos poemarios máis senlleiros da literatura galega, De catro a catro, de Manuel Antonio.
A apertura do mes de abril chega coa celebración do Día das Artes Galegas o día 1, que en 2018 se lle dedica a Luis Seoane, mentres que o 2 e o 23 se conmemoran o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro, respectivamente. Así mesmo, o día 26 conmemorarase o Día da Propiedade Intelectual. O mes das Letras homenaxea, nesta ocasión, a Antón Fraguas, a quen a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio e, previamente, o 3 de maio celebrará o Día da Liberdade de prensa. No día 9 de xuño lémbrase a importancia dos arquivos coa celebración do seu día.
Xa no verán, o 26 de xullo, celebrarase o Día da Comprensión Lectora. No mes de setembro conmemorarase o 8 o Día da Alfabetización, o 26 o Día Europeo das Linguas e o 30 o Día da Tradución. Coa celebración co Día das Escritoras e o Día da Biblioteca, os días 16 e 24 de outubro respectivamente, chegamos a novembro cando se celebra o Día das Librarías.
O Calendario do Libro e da Lectura pecha 2019 co Día da Edición, o 17 de decembro, e cunha celebración destacada arredor do aniversario do nacemento de Ánxel Casal.
Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Turismo ten como obxectivo facilitar a planificación anual das actividades culturais e animar o conxunto da cidadanía a participar na celebración das principais efemérides e datas sinaladas arredor do libro e da lectura para a súa difusión e posta en valor.