Os aniversarios marcan o Calendario do Libro e da Lectura 2017

O Día do Usuario/a das Bibliotecas inicia as conmemoracións o 11 de xaneiro

2/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O centenario do pasamento de Eduardo Pondal, o 120 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, os 100 anos do poemario Da terra asoballada, de Ramón Cabanillas, os 180 do nacemento de López Ferreiro, o 115 aniversario da chegada ao mundo de Plácido Castro ou o 150 de Manuel Portela Valladares son algunhas da conmemoracións que marcan o Calendario do Libro e da Lectura para 2017. A Secretaría Xeral de Cultura presentaba onte, 1 de xaneiro, esta publicación, na que se lembran tamén os 50 anos do pasamento de María Mariño ou o Día das Artes Galegas, que homenaxeará nesta ocasión a Maruja Mallo. A celebración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, abre as datas de conmemoración arredor do libro este 11 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

12/12/2013

Novas datas para a lectura

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides e perde o Día de Rosalía