As bibliotecas galegas celebran o primeiro Día da Ilustración

Conomemórase o 30 de xaneiro a coincidir co nacemento de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
As bibliotecas galegas celebran o primeiro Día da Ilustración

O vindeiro 30 de xaneiro, data do nacemento de Castelao, as bibliotecas galegas celebrarán por vez primeira o Día da Ilustración. Esta nova data do Calendario do Libro e da Lectura que promove a Consellaría de Cultura achegará a estes centros de lectura obradoiros de ilustración, gravado ou murais a cargo de creadores como Óscar Villán ou Xosé Tomás, así como a mesa redonda A ilustración gráfica hoxe en Galicia que celebrará na Biblioteca de Pontevedra con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía. Ademais, a Biblioteca Nodal de Vigo acollerá a exposición Vida e obra dos ilustradores en Vigo ata o vindeiro 7 de febreiro, e ese mesmo día o Museo de Belas Artes da Coruña acollerá un encontro con Miguelanxo Prado.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Novas datas para a lectura

Novas datas para a lectura

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides e perde o Día de Rosalía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día da Ilustración, Bibliotecas, Castelao, Vigo...