
"Lugares coma a Porta do Sol co Sireno como testemuña de moitos acontecementos das nosas vidas e das historias de ficción ou ficcionadas que recollen estas obras, ou o barrio de Teis como testemuña directa dunha xeración perdida e das revoltas obreiras, o Berbés coma recordo das tradicións viguesas, as cales designan en moitos casos os nomes das rúas e as prazas ata o alto do Casco Vello ou o Calvario como reflexo de unión entre a veciñanza" son algúns dos espazos que se recollen nesta iniciativa, segundo recolle o seu web. O espazo na rede permite ademais no navegar a partir das obras e dos lugares recollidos. O mapa está aberto a novas colaboracións que completen as rutas e acheguen novas obras do conxunto.