A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conmemora máis de trinta anos de cooperación transfronteiriza. A entidade iniciou os seus traballos o 31 de outubro de 1991 coa sinatura do Protocolo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal no Porto. Para celebralo, organiza unha xornada no Consello da Cultura Galega na que quere "visibilizar o papel da cultura como reforzo da cooperación ademais de fortalecer a identidade e o desenvolvemento das rexións fronteirizas". A xornada conta cunha conferencia do profesor Ramón Villares seguida dunha mesa redonda con representantes de casas museo de escritores das dúas beiras do Miño, coa participación de representantes das casas museo Camilo José Cela (Padrón), José Régico (Vila do Conde), RosalÃa de Castro (Padrón) e Camilo Castelo Branco 8Vila Nova de Famalicão). A xornada tamén acollerá a entrega do premio literario Nortear, desta volta a Diana teixeira.
A Eurrexión conmemora trinta anos de cooperación celebrando a cultura
Unha xornada no CCG céntrase na colaboración transfronteiriza





